Deseño Gráfico

Imaxe corporativa

Porque sabemos que sabemos o importante que é a primeira impresión que o cliente ten do teu proxecto, deseñamos a imaxe corporativa da túa empresa ou negocio. Creamos e desenvolvemos un estilo de marca adaptado a ti, e deseñamos todos os elementos que representan a túa marca, dende o logo ata a papelería, pasando por calquera outro elemento de comunicación interna ou externa.

Carteleria

A cartelería é fundamental na imaxe corporativa de calquera empresa. En Seispés deseñamos carteis para a promoción de produtos, servizos, eventos, concertos ou exposicións, sempre adaptándonos a identidade da túa marca e buscando o máximo impacto.

 

 

 

 

Discos

En Seispés somos conscientes de que para que un disco sexa bo o fundamental é que conteña grandes cancións interpretadas polos mellores músicos. Pero ¿a que a estética do álbum tamén conta? En Seispés deseñamos a portada e o libreto do teu álbum para conseguir que sexa unha xoia non só musical senón tamén visual!

 

Portadas de libros

Es escritor independente e estás pensando en publicar? En Seispés encargámonos de que a portada do teu libro chame a atención dos lectores, destaque en calquera estante das librerías e sexa a mellor fórmula de venta da túa obra.