Falua versións de música galega e portuguesa

 

 

Falua, composto por Sara de Sousa na voz e Gom de Abadim na guitarra acústica, integra no seu repertorio un percorrido polos sons da lusofonía con músicas galegas, portuguesas e mesmo brasileiras.

A formación folk do guitarrista mistúrase coa tradición fadista, creando así o estilo que dá unha nova luz a temas que fan parte da historia musical lusófona.