Flamenco-Kelibén flamenco

 

 

Quelibén (caló): Manifestación, exhibición.

Cando a paixón, o coñecemento e a experiencia se unen, o resultado sempre é único. Iso é exactamente o que ocorre cando baila Isaías Salazar acompañado por Miguel Flores á guitarra e Sandra Calderón ao cante.

Estes tres artistas con elegancia, pero sen límites expresivos, lévannos de viaxe por un mundo de ritmo, movemento e beleza, tan espontáneo como fácil de apreciar por calquera tipo de público. Neste espectáculo, baile, cante e guitarra únense como elementos esenciais do flamenco máis honesto, expresándose na dualidade entre a tradición e a vangarda desta arte.

 

Isaías Salazar (Ferrol): Xa de neno, chamábano para bailar nas festas, chegando a compartir escenario con artistas como Duquende. A súa paixón é o flamenco e bebe das fontes máis clásicas desta danza, seguindo aa escola dos Farruco.

Sandra Calderón (A Coruña): O seu afán por ampliar a súa formación levouna a recibir clases na High School Music and Drama de Londres. Neste espectáculo investiga os cantes máis ortodoxos, deixando sempre un oco para agasallarnos grandes éxitos do flamenco.

Miguel Flores (Cádiz): Implicado en múltiples proxectos, aporta a súa propia visión da guitarra flamenca contemporánea, con pasaxes de guitarra solista do seu primero repertorio Belyounech.