Nós Quen somos

Seispés é unha produtora que nace do desexo dun grupo de profesionais xóvenes e dinámicos de dar renda solta á súa creatividade.

O noso obxectivo é traballar para conseguir a máxima satisfacción dos nosos clientes, garantíndolles orixinalidade, confianza e a máxima calidade técnica e artística.

As nosas paixóns son o mundo da comunicación, o da produción e o da imaxe e neses ámbitos é onde podemos axudarche. Consulta todo o que podemos ofrecerche e ponte en contacto con nós para resolverche calquera dúbida sen compromiso.

 


 

 

Xiana Lastra

Xornalista, licenciada en Comunicación Audiovisual e música. Sempre compaxinei os meus traballos no mundo audiovisual como redactora e produtora principalmente (aínda que tamén como cámara e montadora) co deseño gráfico e a miña faceta como cantante, levándome esta última a emprender un camiño cara a produción musical xurdido da necesidade e a falta de apoios pero que hoxe en día é unha das tarefas que máis me apaixona.

 

 

Elena Mareque

Son xornalista e licenciada en Comunicación Audiovisual. A miña traxectoria profesional comezou ligada á radio pero axiña desembocou na miña paixón: a imaxe.  Na última década traballei como reporteira e guionista de diversos programas para televisión e produtora de varios traballos documentais e videoclips. Gústame ver o mundo tralo visor dunha cámara e, sobre todo, construír historias na mesa de montaxe.