Pesdelán baile, música e xogos tradicionais / público familiar / adultos ou infantil

 

Pesdelán é moito máis que un grupo de música!

Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao público, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia. Actualmente teñen dous espectáculos en funcionamento que xiran en torno ás danzas de entroido (“Entroidanzas”) de boa parte do mundo e a outros bailes de Galiza e Portugal (“Na punta do pé”). Os espectáculos teñen unha duración aproximada dunha hora e están dirixidos a todos os públicos. Ademais, existe unha ampla oferta de formatos e obradoiros para cada un deles.

Xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal. Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008 facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Fundao (Portugal), Festival San Froilanciño (Lugo)…

Solicita información para coñecer todas as posibilidades sen ningún tipo de compromiso.