Tanxugueiras trío ou quinteto (folk-tradicional)

 

 

Tanxugueiras é un grupo de tres cantareiras (Olaia, Sabela e Aida) procedentes da zona de Teo e do Barbanza. Formado oficialmente en xaneiro do 2016, chegaron pisando forte, converténdose nun dos grupos revelación da música tradicional galega. Co paso do tempo e o impulso, decidiron aumentar a familia, creando un espectáculo xunto a Cibrán Seixo (violín) e Rubén Fernandez (acordeón), enriquecendo así a súa sonoridade.

Úneas o pracer de cantar e tocar a música da nosa terra e de recoller o herdado das nosas avoas, mais dándolle un aire novo. O nome procede dun pequeno terreo de Fumaces (concello do Riós). Esta terra era unha das poucas fincas que estaba fóra do alcance dos lobos, pola súa proximidade ás casas.

Tanxugueiras ofertan actuación a trío ou a quinteto, segundo vaian acompañadas ou non polos instrumentistas.