Tis Che Tein folk

 

Os Tis Che Tein son unha formación emerxente de músicos galegos (Xacobe Varela, Carlinhos Freire, María García Blanco, Gom Goás e Xabier Agra) que presentou o seu proxecto en 2012 na zona de Santiago de Compostela.

Música da Galiza, Portugal, Francia, Irlanda, Escocia e Suecia conforma o seu repertorio. A reinvención destas músicas é o obxectivo dos Tis Che Tein que, partindo das tradicións europeas, achéganse dun xeito natural ás tendencias musicais atlánticas máis contemporáneas.

O resultado é un son sincero, orgánico e envolvente.