STREAMING

Encargámonos de todo o necesario para captar e codificar o sinal de audio e vídeo e enviala vía Internet con cobertura global a través dun servidor de streaming. Durante a emisión, gravamos o contido para poder ofrecelo despois en diferido, seleccionar un fragmento ou editar un resumo. Ofrecémosche realización en directo multicámara, inserción de gráficos e arquivos PowerPoint ou semellantes, logotipos de patrocinadores, emisión en directo con drone, ou gravación e emisión de imaxes aéreas tanto en interior como en exterior con sistema de cablecam. Contacta con nós para retransmitir en directo calquera acto de empresa, evento deportivo ou social.

conferencias e congresos

Streaming e realización de conferencias, ponencias, plenos municipais, mítines, cerimonias, galas institucionais, etc.

Eventos deportivos

Streaming e realización para calquera tipo de evento deportivo.

Concertos E espectáculos

Streaming e realización de concertos en interior ou ao aire libre, espectáculos teatrais, exhibicións ou galas de baile, etc.