Brais Morán

Revolución Chic

Revolución Chic, o terceiro disco de Brais Morán & NASAUFUNK, despois de Cruzando o eclipse (2015) e No Mato do desespero (2018) é un álbum con son disco no que se reencarnan as sementes da Música Negra, e que recorda á música dos 70 nas discotecas do futuro. Un impulso a bailar, a revolucionar a pista de baile.

Con máis de 20 anos de traxectoria profesional na música, Brais Morán conta con tres galardóns nos Premios Martín Códax da Música nas categorías de Músicas do Mundo (2018) e Blues&Funk e Soul (2021 y 2024), vindo o último dos recoñecementos da man de Revolución Chic.

Brais Morán & NASAUFUNK ofrece ao vivo un espectáculo bailón que combina os temas do novo disco con clásicos de etapas anteriores. Unha mestura de música disco-funk, soul, rock, cos seus ritmos afrobrasileiros característicos e os toques máis cálidos da música tradicional galega que completan o seu repertorio.

Ficha técnica

  • Xénero: Disco – Funk – Soul – Rock
  • Elenco: Brais Morán (voz e guitarras), Manu Seoane (guitarras), Antón “Torroncho” (baixo), Xabi Cid (batería) e Fran Castro (piano e teclados)
  • Duración do espectáculo: 70 minutos