Moita vida e moita leria

LERIA é un proxecto integrado por mulleres que aposta pola música indie na nosa lingua, con referentes como Love of Lesbian, Ginebras, Vetusta Morla ou Miss Cafeína.

Na primavera de 2024 publican o seu primeiro disco, Marusía, e en 2025 percorreron toda a xeografía galega levando a súa música aos mellores escenarios: Atlantic Pride, Los 40 Pop Santiago, Noroeste , FIV de Vilalba, Los 40 Summer Live A Coruña…

O directo de Leria é sólido, enérxico, intenso e divertido a partes iguais. O público poderá tanto desfrutar dos seus temas máis íntimos, como festexar con aqueles máis bailables. Todo, cunha estética que se aferra a correntes artísticas coloridas e chamativas, cunha mensaxe reivindicativa e á vez informal e divertida.

En 2026, Leria tomará un descanso dos escenarios para centrarse no seu novo traballo discográfico. Volverá con forza en 2027, xa consagrada como unha das bandas máis vivas e rompedoras do panorama.

Ficha técnica

  • Xénero: Indie – Pop
  • Elenco: Andrea López (teclados e coros), Mayra Vila (voz principal e guitarra), Itzi de Blas (baixo e coros) e Helena Barreiro (batería/percusións e coros). No directo, incorpórase Candela Avendaño (guitarras)
  • Web: Leriaoficial
  • Duración do espectáculo: 70 – 80 minutos