CHÁNDAL METAL TOUR

Monoulious DOP continúa coa súa xira, o Chándal Metal Tour, para seguir percorrendo os escenarios do país e parte do estranxeiro co seu humor e estilo inconfundible.

A xira arrincou co lanzamento de novos temas baixo a produción de Iago Pico (Tanxugueiras, Rozalén, Rayden…) cunha estética retroactual, influenciada por unha época de gran valor musical e persoal para a banda, os anos 2000.

“Levamos moitos anos nos escenarios do noso país e incluso en escenarios de países que non son o noso, como Suíza ou Alemaña, porque a nosa lingua non ten fronteiras, nin muros, nin paredes que a poidan deter (a non ser que estean insonorizadas) e dende fai tempo, tódalas persoas que veñen aos nosos concertos saben que van levar unha boa dose de enerxía, baile, risas e festa.”

Posiblemente, a banda da túa vida.

Ficha técnica

  • Xénero: Rock / Funkipop / Disco / Fusión
  • Dispoñible en dous formatos: banda e power trío, agora con posibilidade de escenario disco móbil
  • Elenco: Ula (voces), Beny (batería), Pla (guitarra). +banda: Torroncho (baixo), Carva (guitarra), Gilino (piano)
  • Duración do espectáculo:
  • 80 minutos