O teu carriño actualmente está baleiro!


Nastasia Zürcher
A vocalista de neo soul Nastasia Zürcher presenta o seu novo formato acústico para concertos íntimos. Navega xunto ao versátil guitarrista Mister Cool por estilos coma o neo soul, o folk andino e o jazz manouche, revisando en clave acústica os 3 discos que asina a compositora.
Galardoada como “Artista do Ano” e mellor álbum de “Blues, Funk, Soul” polos premios da música galega co seu último disco “But Life Is Beauty Full” (Premios Martín Códax da Música 2022), a galego-suíza ofrece un concerto variado en estilos e idiomas, xa que transita naturalmente do galego ao castelán pasando polo inglés e mesmo o francés.
Ficha técnica
- Xénero: Neo-soul / afro-pop-folk / R&B contemporáneo / músicas do mundo
- Web: https://www.nastasiazurcher.com/
- Duración do espectáculo: 90 minutos