O teu carriño actualmente está baleiro!

Sofía espiñeira TRIO
Novo espectáculo
Música de autora que bebe da raíz. Nunha linguaxe poética e honesta, Sofía Espiñeira seduce nunha mestizaxe de terra e aire. Da canción de autora máis íntima e espida ata os territorios onde se xuntan as raíces e resoan as músicas do mundo.
Xunto a Ailén Kendelman nas percusións e coros e Judit Almeida no contrabaixo, Sofía Espiñeira Trío ofrece un directo con armonías corais, matices íntimos e rítmicas que percorren o mundo. A naturalidade dos instrumentos acústicos e a elegancia dunha proposta escénica coidada acollen ao ouvinte neste novo universo da artista: “Xeografías”. Unha viaxe sonora inmersiva, onde se suceden as historias, a conversa co público e a posta en escena dunha artista ecléctica.
xeografías (2025)
Segundo álbum da artista, que consta de dez cancións nas que profundiza na súa persoal maridaxe de músicas de raíz coa canción de autora más íntima e espida.
Gravado en Abrigueiro Estudios, en Friol, con Arturo Vaquero na produción musical, gravación, mestura e máster.
Xeografías son as paisaxes isoternas e externas, os territorios que habitan dentro e fóra da pel.
ficha técnica
- Xénero: Música de Autora / músicas do mundo
- Elenco: Sofía Espiñeira (Guitarra e voz), Ailén Kendelman (percusións e coros) e Judit Almeida (contrabaixo)
- Duración do espectáculo: 70 minutos
