Un proxecto que nace das recollidas de música tradicional galega que fan os seus integrantes: Bieito Pereira e Xabi Gómez. O resultado é un espectáculo dedicado ao baile que tece comunidade en cada actuación.

No seu ano de traxectoria, o dúo recibiu nomeamentos a premios como os Youtubeiras 2025 e os Martín Códax na categoría de música tradicional e ofreceu máis de 25 concertos en lugares como a Sala Capitol ou o Ponte Farruca.

Unto Vello débese a todas as cantareiras que nos deron os seus saberes, tanto vitais como musicais e que pretendemos respectar á hora de montar as nosas pezas. Sen elas isto non sería posible.”

O dúo vén de presentar o seu debut discográfico, Inmaterial, nun concerto multitudinario na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

Inmaterial

O álbum de Unto Vello, xa dispoñible en plataformas dixitais, recompila cantares tradicionais recollidos por todo o país nun intenso labor de investigación e reinterpretación do patrimonio inmaterial galego. En palabras dos artistas, as auténticas protagonistas do disco son “aquelas persoas que nos abriron un día a porta das súas casas e das que aprendemos todo o que está representado neste noso primeiro disco“.

É a estrea discográfica do dúo formado por Bieito Pereira e Xabi Gómez, que conta coa produción de Hevi (Laboratorio Soyuz) e a colaboración dos Pandeireteiros do Fiadeiro, Saínza Piñeiro, Lina e Lola e Julia e Luz Divina.

Ficha técnica

  • Xénero: Música tradicional
  • Elenco: Bieito Pereira (voz e percusión) e Xabi Gómez (acordeón e voz)
  • Duración do espectáculo: 70 minutos