Seispés é unha produtora que nace no 2012 do desexo dun grupo de profesionais entusiastas e dinámicos de dar renda solta á súa creatividade.
O noso compromiso é traballar con profesionalidade e coidado, ofrecéndoche propostas orixinais e unha calidade técnica e artística sólida.
As nosas paixóns son o mundo da comunicación, a produción e a imaxe, e neses ámbitos é onde podemos axudarche. Queres que te acompañemos no teu próximo proxecto? Consulta os nosos servizos e ponte en contacto con nós sen compromiso!















