X
Back to the top

VIDEOCLIP

Polo noso traballo no eido da produción musical, sabemos que calquera grupo que queira promocionarse e darse a coñecer precisa dun bo vídeo.

O videoclip dá múltiples opcións en función das necesidades e do que se desexe. Podemos elaborar desde unha produción moi imaxinativa e coidada, rozando a cinematografía, ata unha gravación en estudio, dun concerto en directo ou calquera outra variable que o grupo desexe. Estamos abertos a calquera posibilidade, poñendo ao voso dispor o equipo técnico, humano e creativo.

2022 © Seispés Producións Creativas